1. O Consello da Cultura Galega (http://www.consellodacultura.org) é un organismo consultivo e asesor dos poderes públicos galegos, respecto dos cales goza de plena autonomía. Nel están representados os diferentes sectores e institucións da cultura de Galicia. Unha das funcións do CCG é realizar informes e propostas sobre a defensa e protección dos valores culturais galegos.
|